Deixámosvos por aquí algunha selección de actividades que podemos realizar estos días que temos que pasar na casa.
1. LISTADO DE ACTIVIDADES
→ Para as mandalas: https://www.escuelaenlanube.com/mandalas-primaverales/
2. UNHA RECEITA SORPRESA
Xa noutros días vos recomendamos a lectura do conto de Cocorico. No canal de Youtube de OQO podedes visualizar o filme do conto e algunhas historias máis deste pitiño. En concreto, o que se corresponde co conto é este:
Tralo conto, podedes aproveitar para cociñar o biscoito de Cocorico, pois a través da cociña podemos aprender unha gran cantidade de conceptos: as medidas, as cantidades... Aquí tedes a receita:
RECEITA SEGREDA DO BISCOITO DE COCORICO
-1 iogur natural ou de limón
- 3 ovos
-3 medidas de iogur de fariña
- 2 medidas de iogur de azucre
-1 medida de iogur de aceite de oliva
-1 sobre de levadura
Xuntamos a levadura coa fariña nun recipiente. Noutro botaremos o resto dos ingredientes. Os batiremos e lles iremos incorporando progresivamente a fariña mezclada co fermento. Unha vez consigamos unha masa homoxénea, introducímola nun molde e meterémola no forno, que estará precalentado, durante uns 40/45 minutos.
Tedes que mantela en segredo, pois é unha receita especial...!!!
3. UN RECURSO MÁIS...
Xa que moitos dos nenos coñecen o libro do Monstruo Rosa, de Olga de Dios, pinchando en cada unha das fotos dos seguintes contos podedes acceder á versión para descargar de cada un deles de xeito gratuito.
Por último, pinchando AQUÍ accederedes a distintos debuxos para colorear destes contos.
Esperamos que todas estas propostas sirvan de axuda. Bo proveito e moito ánimo!