Tamén da merendola de despois... Grazas a todos polas vosas aportacións!!
viernes, 28 de febrero de 2020
O entroido no Manuel Murguía
Deixamos por aquí algunhas fotos dos nenos e nenas de infantil o día do entroido, que ían disfrazados da temática do espazo; estaban tod@s guapísim@s!!
Tamén da merendola de despois... Grazas a todos polas vosas aportacións!!
Tamén da merendola de despois... Grazas a todos polas vosas aportacións!!
miércoles, 26 de febrero de 2020
Saída ao acuario (3 e 5 anos)
A semana pasada os nenos e nenas das clases de 3 e 5 anos visitaron o Aquarium Finisterrae.
Nunha primeira parte da visita pudieron ver especies de peixes típicas da nosa zona, así como a recreación dunha batea. Tamén algún outro peixe que lles chamou algo máis a atención, como as morenas ou as mantas.
Despois lles falaroun un pouquiño das estrelas de mar e dos ourizos, e pudieron acariciar unha delas.
Por último, baixaron ao Nautilus e puideron ver ao que para eles foi o protagonista dese día, o tiburón Gastón.
miércoles, 19 de febrero de 2020
Saída de 5 anos ao Forum Metropolitano
Como xa indicamos nesta entrada, á clase de 5 anos chegou un bulbo de tulipán que tiñamos que plantar, e non sabiamos como facelo.
Por iso planificamos unha saída a una biblioteca, mais concretamente á Biblioteca do Forum Metropolitano, en Coruña.
Unha vez alí, as bibliotecarias lles mostraron aos nenos e nenas como se ordenan os libros nun lugar como este, clasificándoos por categorías que se indican a través de pictogramas.
Tras ensinarlles estas categorías, fixemos un xogo no que, por grupos, tiñan que indicar dentro de que categoría estaría un libro que tiñan que anallizar.
Por último, e xa para resolver a súa dúbida, ensináronlles un libro de plantas para indicarlles como tiñan que plantar o bulbo, e remataron narrándolles o conto dun rei que tiña certa relación cos tulipáns: El pequeño rey de las flores.
viernes, 14 de febrero de 2020
A celebración do Día da Paz
Este ano fixemos varias cousiñas para celebrar o Día da Paz no noso cole. Queremos ensinarvos as imaxes das tres actividades principais que levamos a cabo.
1. Canción da Paz
Os nenos e nenas de infantil xuntámonos cos compañeiros de primeiro e segundo de primaria para cantar unha canción neste día.
2. Carreira Save the Children
Realizamos unha carreira, mais non a modo de competición; o que buscabamos era dar o maior número posible de voltas e, por cada unha delas, aportar algo de diñeiro que puidésemos doar a esta ONG. A participación dos nenos foi moi boa, e a implicación das familias tamén. Moitas grazas!!!
3. Mercadiño solidario
Tamén realizamos un mercadiño, xa habitual, no que cambiamos un kg de comida por outros libros que os demais compañeiros e compañeiras xa desfrutaron, e que pasan a unhas mans que aínda os teñen por descubrir. E, como a carreira, todo un éxito. Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación.
sábado, 8 de febrero de 2020
Sorpresa na clase de 5 anos
O outro día recibimos na clase de 5 anos unha cartiña e unha caixa que chegaba de parte do "Invernadoiro nonmesquezas". Lémola e imaxinamos o que podía haber dentro; chegamos á conclusión de que probablemente eran unhas flores.
Escribimos as que pensabamos que podían ser, tendo en conta os debuxos da bolsiña na que viña o regalo. Ao final, descubrimos que se trataba duns bulbos de tulipán... mais temos que plantalos e non sabemos como! O xeito de facelo, a época máis axeitada... a ver o que se nos ocorre para saír desta!
Escribimos as que pensabamos que podían ser, tendo en conta os debuxos da bolsiña na que viña o regalo. Ao final, descubrimos que se trataba duns bulbos de tulipán... mais temos que plantalos e non sabemos como! O xeito de facelo, a época máis axeitada... a ver o que se nos ocorre para saír desta!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)