lunes, 29 de mayo de 2017
Plantamos as cebolas
Dentro do Proxecto Voz Natura, tocounos este ano cultivar cebolas. Puxemos os sementeiros nas aulas e como xa medraron moito plantámolas no horto escolar.
viernes, 26 de mayo de 2017
As familias tamén contan
Dende a biblioteca convocouse unha
actividade para que os pais, nais, avós, aboas… puidesen vir ao centro a
contarlle un conto á clase do seu neno/a.
Deixámosvos aquí unha mostra dos
participantes en Educación Infantil.
Unha visita ao MAC
O alumnado de 5º de Educación Infantil fixo una visita ao Museo de Arte Contemporáneo.
A verdade que é unha das mellores actividades complementarias dispoñibles neste momento.Combina a perfección a aprendizaxe visual con experiencias prácticas nas que participan os nenos e nenas.
A verdade que é unha das mellores actividades complementarias dispoñibles neste momento.Combina a perfección a aprendizaxe visual con experiencias prácticas nas que participan os nenos e nenas.
Tratamento de augas residuais
Dende EDAR Bens mandáronnos unha
monitora para explicarlles aos nosos nenos e nenas o tratamento que seguen as
augas residuais dende que saen da nosa casa ata que son aptas para verter no
mar.
A pesar do complicado que poida
parecer o tema, aos nenos/as gustoulles, pois o levaron a cabo de xeito moi
práctico.
Xornada de Educación Viaria
Todos os anos
facemos unha xornada de educación viaria con cada curso de educación infantil.
Este ano, como novidade, asistiron tamén as familias que así o desexaron.
Creemos que foron
uns días bastante especiais e que a iniciativa foi moi enriquecedora para
familias, nenos e mestres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)