Como xa indicamos nesta entrada, á clase de 5 anos chegou un bulbo de tulipán que tiñamos que plantar, e non sabiamos como facelo.
Por iso planificamos unha saída a una biblioteca, mais concretamente á Biblioteca do Forum Metropolitano, en Coruña.
Unha vez alí, as bibliotecarias lles mostraron aos nenos e nenas como se ordenan os libros nun lugar como este, clasificándoos por categorías que se indican a través de pictogramas.
Tras ensinarlles estas categorías, fixemos un xogo no que, por grupos, tiñan que indicar dentro de que categoría estaría un libro que tiñan que anallizar.
Por último, e xa para resolver a súa dúbida, ensináronlles un libro de plantas para indicarlles como tiñan que plantar o bulbo, e remataron narrándolles o conto dun rei que tiña certa relación cos tulipáns: El pequeño rey de las flores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario