Os 3 cursos de Educación Infantil fixemos unha excursión por partida doble. Visitamos a casa de Picasso na Coruña e pintamos unha obra de arte na escola Pablo Picasso.
Esta visita non foi fortuita posto que se encadra dentro do traballo que estivemos a facer este ano sobre o pintor para commemorar o seu aniversario.
Temos que dicir que a experiencia foi moi moi moi gratificante. As fotos que aquí vos deixamos non son máis que un pobre testigo do que significou a visita.
Se temos que escoller un momento quedaríamonos sen dúbida ca creación compartida na escola de artes entre alumnos da propia escola e os/as nosos/as nenos/as
No hay comentarios:
Publicar un comentario