Onte tocou o Acuario. Esta vez eramos os de 3 anos.
Goretti foi a nosa guía polo recinto. Ensinounos unha estrela de mar. E deixou que lle tocáramos!!!
Vimos moitos peixes.
E as olas do mare que estaban arrabiadas.
Que miraban aquí estes nenos e nenas??
Aaaaah!!! As focas. O que pasa e que tiñan frío e non saíron a saudar.
Baixamos ao Nautilus, o submariño do Capitán Nemo. Alí vimos a Gastón a quenlla.
Para rematar saudamos a Nemo e marchamos xa para o cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario