miércoles, 8 de noviembre de 2017

O noso primeiro mes no cole!

Agora que xa levamos unhas semaniñas de cole e comezamos a coller rutina, queríamos ensinarvos algunhas das cousiñas que fixemos na aula das lúas estes días! Unha das cousas importantes foi decorar a nosa aula, para que todos os visitantes poidan saber quen somos. Así pois, puxémonos mans á obra.

Queríamos decorar as nosas perchas, e para iso decidimos que seríamos astronautas viaxando á lúa no noso foguete espacial...





Decoramos os estantes e puxemos nomes ás nosas mesas ("soles, lúas, arco da vella, e flores").



Tamén era importante decorar a porta da nosa aula, así que dividímonos en pequenos grupos para traballar.












Pero faltaba o máis importante que era poñer as nosas creacións na porta da aula!







Ademais disto tivemos que facer algo moi importante, como foi crear as normas da clase! Entre todos chegamos a un acordo e puxemos os nosos carteis en lugar ben visible (aínda que ás veces esquécesenos respectalos)...



Todas as mañás, na asemblea, o/a encargado/a do día debe levar a cabo as rutinas, grazas ás que aprendemos moitas cousas (sumamos para saber cantos nenos/as faltan hoxe, traballamos os números, as formas xeométricas e o paso do tempo co calendario...). 



Tamén cubrimos o noso climograma co que iremos comparando o tempo por meses e estacións, e intentaremos elaborar unha estatística en fin de curso! Xa podedes ver o climograma do mes de outubro, no que como din eles: "gañou o sol".


E por último, queremos ensinarvos o noso emociómetro, co que imos sinalando diariamente as nosas emocións, valorando si estamos alegres, tristes, enfadados... intentando motivar entre todos a aqueles alumnos/as que teñan un mal día, para que ao final da mañá todos/as vaiamos cun sorriso para casa! :)


Pouquiño a pouco imos construíndo o noso caminiño! Saúdos a todos/as.


No hay comentarios:

Publicar un comentario