Os pequenos de 3 anos xa están en marcha! Estos primeiros días foron algo "intensos", pero moi ben aproveitados.
Aínda nos queda moito por andar e isto é só o comezo, mais velaí van algunhas fotos para que vexades o ben que o pasan.
Para comezar, tiveron que facerse cos nomes dos compis, así que fixeron algúns xogos de presentación:
Tamén estiveron "investigando" as cousas que había na clase: pasáronno pipa coa plasti!
E, por suposto, non podía faltar un dos momentos máis esperados da xornada: a hora do patio. Parece que, pese a andar algo comedidos ao princpio, xa o teñen máis que conquistado.
Ata aquí chegan estos días de adaptación... iremosvos contando máis cousiñas!!
Que ven o pasan!
ResponderEliminar