O pasado xoves día 5 recibimos a visita do pai de
Carolina de 4º de EI, que traballa nunha pizzaría e veu contarnos un pouquiño
como é o seu día a día facendo riquísimas pizzas para os seus clientes!
Como
non podía ser doutro xeito, a case todos os nosos pequen@s superheroes e
superheroínas encántalles este alimento, así que aproveitamos a motivación para aprender cómo é a masa, cales son os seus ingredientes, cómo podemos
traballala antes de metela no forno...
Despois puxémonos mans á obra,
e fixemos unha bola
ben redondiña coa masa...
Cando a tivemos lista, esmagámola enriba do papel para
comezar a darlle forma.
Para rematar
empregamos os rodetes para deixar perfectas as nosas masas de pizza!
E tchannn!!!
Pizzas lista para meter no forno!
Moitas grazas por esta fantástica experiencia! Xa somos expertos pizzeir@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario