O pasado martes visitounos Laura, a nai de David de 6º de EI, que nos veu contar un pouquiño en qué consiste o seu traballo no Fórum Metropolitano. Un lugar que moitos de nós xa coñecemos e que nos encanta, pois fai uns meses estivemos alí de excursión vendo a obra de teatro: "Caperucita, lo que nunca se contó.
Mais tamén os nosos compañeiros/as de primaria coñecen este sitio, xa que moitos deles asisten ás actividades nocturnas que se realizan alí cada ano... Laura quixo ensinarnos un pouco en qué consistían estas actividades, e aproveitando a temática do noso proxecto trouxo unhas cartas de superheroes e superheroínas.
Non fai falta dicir que nos encantaron!!! Así que fixemos pequenos grupos e comezamos a xogar con elas!
Primeiro buscamos parellas, intentando unir cada superheroe co seu símbolo...
Despois xogamos ao memory coas tarxetas...
Qué ben o pasamos, moitas grazas pola visita Laura!!
Muchísimas gracias por brindarme está oportunidad, la verdad lo disfrute muchísimo. Un placer.😍
ResponderEliminar