miércoles, 20 de diciembre de 2017

Xa chegou o Nadal!



Os nenos e nenas de Educación Infantil gravamos uns vídeos para desexarvos unhas felices festas a todos/as. 

Esperamos que vos gusten! 

Vémonos en xaneiro. Saúdosss :)

Aula das estrelas (3 anos):


Aula das nubes (4 anos):


Aula das lúas (5 anos):



miércoles, 8 de noviembre de 2017

O noso primeiro mes no cole!

Agora que xa levamos unhas semaniñas de cole e comezamos a coller rutina, queríamos ensinarvos algunhas das cousiñas que fixemos na aula das lúas estes días! Unha das cousas importantes foi decorar a nosa aula, para que todos os visitantes poidan saber quen somos. Así pois, puxémonos mans á obra.

Queríamos decorar as nosas perchas, e para iso decidimos que seríamos astronautas viaxando á lúa no noso foguete espacial...





Decoramos os estantes e puxemos nomes ás nosas mesas ("soles, lúas, arco da vella, e flores").



Tamén era importante decorar a porta da nosa aula, así que dividímonos en pequenos grupos para traballar.












Pero faltaba o máis importante que era poñer as nosas creacións na porta da aula!







Ademais disto tivemos que facer algo moi importante, como foi crear as normas da clase! Entre todos chegamos a un acordo e puxemos os nosos carteis en lugar ben visible (aínda que ás veces esquécesenos respectalos)...



Todas as mañás, na asemblea, o/a encargado/a do día debe levar a cabo as rutinas, grazas ás que aprendemos moitas cousas (sumamos para saber cantos nenos/as faltan hoxe, traballamos os números, as formas xeométricas e o paso do tempo co calendario...). 



Tamén cubrimos o noso climograma co que iremos comparando o tempo por meses e estacións, e intentaremos elaborar unha estatística en fin de curso! Xa podedes ver o climograma do mes de outubro, no que como din eles: "gañou o sol".


E por último, queremos ensinarvos o noso emociómetro, co que imos sinalando diariamente as nosas emocións, valorando si estamos alegres, tristes, enfadados... intentando motivar entre todos a aqueles alumnos/as que teñan un mal día, para que ao final da mañá todos/as vaiamos cun sorriso para casa! :)


Pouquiño a pouco imos construíndo o noso caminiño! Saúdos a todos/as.


A Bruxa Regañadentes

O pasado venres para celebrar a festa do Samaín, e aproveitando que xa levamos unhas semanas traballando o tema dos medos, baixamos á biblioteca todos os nenos e nenas de Infantil para ver a curta de animación titulada "A bruxa Regañadentes".




Aínda que vivimos momentos terroríficos... fomos moi valentes, estivemos todos/as moi atentos á historia e, algúns, incluso quedamos coa boca aberta.





Qué ben o pasamos na nosa biblioteca! Aínda que é un sitio no que temos que aprender a falar moi baixiño, nela podemos facer cousas fabulosas!  Deica a próxima :)


martes, 31 de octubre de 2017

jueves, 26 de octubre de 2017

Cando chegaron as formigas...

Foi un día moi especial...

Chegou unha caixiña ao centro...


Que será?





 A expectativa era moita. Un pouco de misterio...un pouco de medo...miraban, miraban, pero non se achegaban moito por si acaso...




 As formigas viñan metidas nun tubiño con comida e un algodón enchoupado en auga.


Chegou o momento da montaxe. Non parecía doado..


 Primeiro tiñamos que encher de area con moito coidadiño. Era onde ian vivir as formigas.



Despois mesturamos unha area moito máis oscura e pedras, para facer a decoración.




Poñerlles comida é moi importante. Unha mestura de mel, auga e zucre.


E chegou o momento de maior tensión. Soltar as formigas!!! Todos se puxeron moi tensos por si escapaban.




 Por último, pasaron un por un para poder velas preto preto.