martes, 19 de noviembre de 2013
martes, 12 de noviembre de 2013
miércoles, 16 de octubre de 2013
Samain
Este mes toca celebrar o Samain, imos poñéndonos en situación.
- Con uns contos:
Recoradades o conto da "Cabaza , cabaciña" e a súa canción?
- Máis cancións:
- Todo isto aderezado con manualidades e fichas de traballo relacionado co tema do Samain.:
Facemos manualidaes espantosas,...
viernes, 11 de octubre de 2013
Outono
Chegou o outono e con el trouxo novas cancións , poesías, adiviñas, contos, cantigas ...
HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia
- CONTO:
" A castaña que rebentou coa risa"
- ADIVIÑAS :
Unha vella carcomida,
tivo un fillo enredador,
moitos fillos caladiños
máis un neto falador
(cepa, uvas e
viño)
Ave teño de nome
de lá o
revestimento
o que non adiviña
non ten discorremento.
Alta estou
ladrón vexo vir
do meu caparucho
non podo fuxir
Ten pelexo coma a xente
é moi boa para comer é moi boa para comer
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.
Eu nacín dentro dun berzo,
cal é a cousa,
ten tres capas de inverno:
a primeira
mete medo,
a segunda é lustrosa
e a terceira é amargosa?
Alto me vexo
no meu capelexo
por unha risada
quedeime sen nada
Alto está
barbas ten barbas
ri e solta o que ten.
- CANCIÓNS:
- BITS FRUTOS DO OUTONO :
- CANTIGAS:
"As castañas son castañas, os ourizos son ourizos;
os ollos da túa cara, para min son dous feitizos"
"Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto;
probiño daquel que espera polo que está na man doutro"
"¡Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira!
¡encólgate nun castaño coas pernas para riba!
“"A aldea de Palavea, de lonxe parece vila
ten corredoira na entrada, e un souto sin salida."”
"Acabáronse as vendimas ahí veñen as esfolladas
para comer coas nenas catro castañas asadas"
"Has de cantar que che ei de dar zonchos,
has de cantar que che ei de dar moitos;
has de cantar e has de cantar,
has de cantar que chos hei de dar."
" Teño un castiñeiro alto,
no tronco ten mil enredos,
tampouco os enamorados
poden te-los ollos quedos."
"Santo que estás no canizo
bota castañas embaixo
que anque non teño mandil,
apáñochas co refaixo."
- POEMAS:
As árbores espidiñas,
Sen follas,
Sen folliñas.
Os esqueletos de xeo amosan
Os seus outonos,
Os seus laios,
Os seus soños.
Unha alfombra cobre o chan
Tapiz de follas caídas,
Que veñen e van.
Folliñas lixeiras e secas
Fatigadas de troular.
Folliñas que bailan co vento
Todos collidos da man.
Ven onda nós o outono
Dacabalo do aire;
Nos camiños da fraga
Os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
Da eterna viaxe
Enredando entre as follas
Estreando friaxe.
ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais
Don carballo chora landras na amencida.
E don Outono baballa néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
Aplaude a don Castiñeiro
Con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
Como non se ten coa risa,
Cáenlle dentes de castaña
martes, 4 de junio de 2013
O Departamento de Educación y Cultura del Gobierno de Navarra editou un libro que sirve de instrumento de análisis reflexión sobre o
comportamiento dos menores, e que orienta a nais e pais acerca de
cales son as conductas responsables dos fillos en cada tramo de idade (de 3 a 12 anos), así como a forma de traballar ditas conductas
para instaurarlas
Desarrollo de la conducta responsable en niños de 3 a 12 años
Desarrollo de la conducta responsable en niños de 3 a 12 años
lunes, 27 de mayo de 2013
viernes, 26 de abril de 2013
martes, 23 de abril de 2013
jueves, 4 de abril de 2013
miércoles, 3 de abril de 2013
miércoles, 6 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)