viernes, 11 de octubre de 2013

Outono

Chegou o outono e con el trouxo novas cancións , poesías, adiviñas, contos, cantigas ...






  • CONTO:

" A castaña que rebentou  coa risa"




  • ADIVIÑAS :

Unha vella carcomida,
tivo un fillo enredador,
moitos fillos caladiños 
máis un neto falador               
(cepa, uvas e viño)                         

                                                           



Ave teño de nome
 de  o revestimento 
o que non adiviña 
non ten discorremento.






Alta estou 
ladrón vexo vir
do meu caparucho
non podo fuxir

Ten pelexo coma a xente 
 é moi boa para comer é moi boa para comer 
chega polo mes de Santos 
e todo o ano a tés.


Eu nacín dentro dun berzo, 
cal é a cousa, 
ten tres capas de inverno:
a primeira 
mete medo, 
a segunda é lustrosa 
e a terceira é amargosa? 

Alto me vexo  
no meu capelexo  
por unha risada  
quedeime sen nada


Alto está 
barbas ten barbas  
ri e solta o que ten.



  • CANCIÓNS:












  • BITS FRUTOS DO OUTONO :





  • CANTIGAS:

"As castañas son castañas, os ourizos son ourizos; 

os ollos da túa cara, para min son dous feitizos" 

"Canta a rula, canta a rula, canta a rula naquel souto; 
probiño daquel que espera polo que está na man doutro" 

"¡Dáseme tanto por ti, como si nunca te vira! 
¡encólgate nun castaño coas pernas para riba! 

“"A aldea de Palavea, de lonxe parece vila 
ten corredoira na entrada, e un souto sin salida."” 

"Acabáronse as vendimas ahí veñen as esfolladas 
para comer coas nenas catro castañas asadas" 

"Has de cantar que che ei de dar zonchos, 
has de cantar que che ei de dar moitos; 
has de cantar e has de cantar, 
has de cantar que chos hei de dar." 

" Teño un castiñeiro alto, 
 no tronco ten mil enredos, 
tampouco os enamorados 
poden te-los ollos quedos." 

"Santo que estás no canizo 
bota castañas embaixo 
que anque non teño mandil, 
apáñochas co refaixo." 



  • POEMAS:

As árbores espidiñas, 

Sen follas, 
Sen folliñas. 
Os esqueletos de xeo amosan 
Os seus outonos, 
Os seus laios, 
Os seus soños. 

   
Unha alfombra cobre o chan 
Tapiz de follas caídas, 
Que veñen e van. 
Folliñas lixeiras e secas 
Fatigadas de troular. 
Folliñas que bailan co vento 
Todos collidos da man.

Ven onda nós o outono 
Dacabalo do aire; 
Nos camiños da fraga 
Os ourizos xa abren. 
Síntoo chegar contento 

Da eterna viaxe 
Enredando entre as follas 
Estreando friaxe. 

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais 




Don carballo chora landras na amencida. 
E don Outono baballa néboa fría. 
Don Labrego, de sombreiro, 
Aplaude a don Castiñeiro 
Con variña de abelaira. 
E don Ourizo da chaira, 
Como non se ten coa risa, 
Cáenlle dentes de castaña


HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia 

No hay comentarios:

Publicar un comentario