miércoles, 27 de noviembre de 2019

Saída 4 e 5 anos: CGAI

O pasado día 15 os nenos e nenas de 4 e 5 anos acudiron ao Centro Galego de Artes da Imaxe para ver unhas curtas tituladas "Ernest y Celestine: cuentos de invierno". Catro historias que sucedían nesta estación e que tiñan por protagonistas a un oso e a unha ratiña aos que non deixan de sucederlle cousas...

Aquí as fotos:


 


domingo, 24 de noviembre de 2019

O Magosto

Fai unha semana celebramos no cole o Magosto.
Aínda que o tempo non nos deixou facelo fora, non nos quedamos sen comer as castañas.
Estas son as fotos....























Saída de 5 anos: Migallas

O pasado 11 de novembro os nenos e nenas de 5 anos realizaron unha saída ao Centro Cívico dos Maios para ver unha actuación de Migallas. Aquí tedes unhas fotos do día no que poidemos velos en acción e cantando algunhas das cancións recollidas no libro-CD Pan de millo.






Para que poidades recordar con eles as cancións na casa, deixamos por aquí uns vídeos:



lunes, 18 de noviembre de 2019

O Samaín

Xa sabedes que unha das celebracións preferidas dos rapaces é o Samaín.

Tras pasar os días anteriores cantando cancións e preparando as nosas coroas de arañas, fixemos unha pequena festa no cole coa que o pasaron pipa.

Ademais de vir todos disfrazad@s (e guapísim@s), xuntámonos para cantar e bailar no ximnasio un ratiño.

Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo deste día e algunhas fotos dos nenos e nenas.




        




  



E pinchando aquí podedes escoitar a canción que bailamos neste vídeo, todo un clásico para este día!

domingo, 17 de noviembre de 2019

Dous inventos na clase de 4 anos

Na clase de 4 anos tiveron a visita de dous familiares que viñeron a ensinarlles, cada un deles, como facer un invento.

En primeiro lugar, Luis, o pai de Diego, que amosoulles aos rapaces un coche que se desplazaba co aire dun globo; aquí tedes a demostración!




A outra visita foi a de Conchi, a nai de Pablo. Ela ensinoulles a elaborar un ábaco caseiro e utilizouno con eles na aula. Estas son algunhas das fotos...



 




Moitas grazas aos dous!!!