domingo, 6 de octubre de 2019

Contacontos na clase de 4 anos

Fai uns días viu á clase de 4 anos Isabel, a nai de Lucía, a contarlles un conto a todos os nenos e nenas. Contoulles o conto dos tres porquiños dun xeito algo diferente, e a eles encantoulles!!!

Aquí tedes algunhas fotos da súa visita.

Grazas Isabel!!








Un pouquiño mais do periodo de adaptación

Agora que xa están no cole a xornada completa, compartimos con vós algunhas imaxes dos máis pequenos.

E é que xa están a traballar e a aprender cousiñas coa axuda do libro "O polo Pepe":







E tamén hai momentos para xogar na clase, como podedes ver:







Aínda que hai que dicir que o momento da merenda tamén lles gusta moito...!



Deixámosvos cun resumo dalgúns dos seus momentos. Ata pronto!!