miércoles, 4 de julio de 2018

O Banco da Amizade!

Para poñer punto e final a este curso, os alumnos/as de EI decidimos decorar un dos bancos do cole para crear o Banco da Amizade! Un banco co que pretendemos fomentar as boas relacións e a solución de conflitos entre o alumnado! Para iso puxémonos mans á obra: guantes e pinceis nas mans!




Como non podíamos pintar todos ao mesmo tempo, fomos rotando, de forma que mentres uns pintaban... outros creaban un mural xigante: 


Este foi o resultado. Esperemos que o Banco da Amizade dea bos resultados!







Xogamos aos birlos no cole!


A última visita que recibimos das familias, realizouna a nai de Nahuel de 4º de Educación Infantil. Ela explicounos en qué consiste o seu traballo e prestounos algúns materiais para que experimentaramos con este divertido xogo...




Sen dúbida, pasámolo xenial!






 









 







Moitas grazas!