lunes, 29 de mayo de 2017

Plantamos as cebolas

Dentro do Proxecto Voz Natura, tocounos este ano cultivar cebolas. Puxemos os sementeiros nas aulas e como xa medraron moito plantámolas no horto escolar.
















viernes, 26 de mayo de 2017

As familias tamén contan

 Dende a biblioteca convocouse unha actividade para que os pais, nais, avós, aboas… puidesen vir ao centro a contarlle un conto á clase do seu neno/a.


Deixámosvos aquí unha mostra dos participantes en Educación Infantil.







Unha visita ao MAC

O alumnado de 5º de Educación Infantil fixo una visita ao Museo de Arte Contemporáneo.

A verdade que é unha das mellores actividades complementarias dispoñibles neste momento.Combina a perfección a aprendizaxe visual con experiencias prácticas nas que participan os nenos e nenas.











Tratamento de augas residuais

Dende EDAR Bens mandáronnos unha monitora para explicarlles aos nosos nenos e nenas o tratamento que seguen as augas residuais dende que saen da nosa casa ata que son aptas para verter no mar.


A pesar do complicado que poida parecer o tema, aos nenos/as gustoulles, pois o levaron a cabo de xeito moi práctico.











Xornada de Educación Viaria

 Todos os anos facemos unha xornada de educación viaria con cada curso de educación infantil. Este ano, como novidade, asistiron tamén as familias que así o desexaron.




















Creemos que foron uns días bastante especiais e que a iniciativa foi moi enriquecedora para familias, nenos e mestres.