martes, 31 de octubre de 2017

jueves, 26 de octubre de 2017

Cando chegaron as formigas...

Foi un día moi especial...

Chegou unha caixiña ao centro...


Que será?





 A expectativa era moita. Un pouco de misterio...un pouco de medo...miraban, miraban, pero non se achegaban moito por si acaso...




 As formigas viñan metidas nun tubiño con comida e un algodón enchoupado en auga.


Chegou o momento da montaxe. Non parecía doado..


 Primeiro tiñamos que encher de area con moito coidadiño. Era onde ian vivir as formigas.



Despois mesturamos unha area moito máis oscura e pedras, para facer a decoración.




Poñerlles comida é moi importante. Unha mestura de mel, auga e zucre.


E chegou o momento de maior tensión. Soltar as formigas!!! Todos se puxeron moi tensos por si escapaban.




 Por último, pasaron un por un para poder velas preto preto.







Os nosos primeiros días

Bos días a tod@s ás familias.

Queremos pedirvos disculpas porque nestes primeiros meses tivemos o blog moi abandoado.

Hoxe vos deixamos unha fotiños dos primeiros días no cole dos vosos fillos e fillas.