lunes, 26 de marzo de 2018

Día Mundial da Radio

Fai unhas semanas celebrouse o Día Mundial da Radio, e no colexio Manuel Murguía quixemos facer un programa especial cos nenos e nenas de Infantil. Aproveitando a temática do noso proxecto, decidimos crear o programa dos superheroes, empregando para iso as tarxetas que eles mesmos crearan na casa coa axuda das familias. Deste xeito, cada un/@ foi contándonos un pouco as características do seu superheroe ou superheroína, e aínda que moitos estaban nerviosos ante o micro o resultado non puido ser mellor!

Orellas atentas e esperamos que vos guste a intervención dos pequenos interlocutor@s do Murguía!!

 Clase das Lúas - 5 anos
  


Clase das Nubes - 4 anos
 


Clase das Estrelas - 3 anos
 
 
 
 
Aquí vos deixamos algunhas das fotos...
























viernes, 23 de marzo de 2018

Semana da Prensa

A semana pasada celebrouse nos coles galegos a Semana da Prensa. Para conmemorar este acontecemento, quixemos familiarizar aos alumnos/as cos periódicos e as noticias que neles podemos atopar. Tras analizar diversos xornais, dispuxémonos a crear un propio, con noticias e fotografías realizadas por nós.

Comezamos inventando as nosas historias, debuxando as imaxes das mesmas e poñendo título ao xornal (moitos escolleron como título o seu nome, e foron buscando e recortando as letras directamente doutros periódicos). 





Como vedes os resultados foron moi variados, pero sobre todo cheos de creatividade...  

























miércoles, 21 de marzo de 2018

Visita da Policía Local

Continuando co proxecto dos superheroes, onte visitáronnos no noso cole dous policías locais, un deles moi coñecidos por tod@s xa que é o pai do noso compañeiro Lucas González. Entre os dous explicáronnos en qué consiste esta interesante profesión, empregando para iso diapositivas duns personaxes que coñecemos xenial: Os Bolechas!

Os nenos e nenas de infantil estiveron moi atentos a todo o que contaban os axentes...



Mais non todo foi teoría! Os policías chegaron ao cole no seu coche patrulla e deixáronnos subir nel!















Tamén puidemos experimentar con algúns materiais policiais...










Incluso puxemos a sirena e falamos polo micrófono do coche patrulla.



En definitiva, pasámolo en grande. Moitas grazas pola visita señores axentes!!!