martes, 20 de marzo de 2018

Visita do pintor Joseba Muruzábal

Este luns recibimos na nosa biblioteca a visita de Joseba Muruzábal, o cal ademais de tío da nosa compañeira María Vázquez, é un artista que converte ás avoas galegas en superheroínas debuxándoas en murais xigantes. Unha visita que resultou perfecta para relacionar co noso proxecto dos superheroes.



Así de ben o pasaron os nenos e nenas durante a visualización do vídeo que nos preparou Joseba, e no que puideron apreciar como levaba a cabo o seu incrible traballo!



Mais para finalizar a exposición, debíamos poñer en práctica o aprendido... de modo que entre tod@s creamos un mural xigante no que debuxamos a todas as superavoas que coñecemos.
















E así quedaron finalmente as nosas obras...



Moitas grazas Joseba!!! Esperamos verte polo noso cole moi pronto!



No hay comentarios:

Publicar un comentario