martes, 17 de marzo de 2020

Xogando coas pezas do Sistema Lupo

Estos últimos días que estivemos no cole os nenos e nenas de 4 e 5 anos andaron a argallar coas pezas de gomaespuma do Sistema Lupo.

Tal e como o definen na súa web, "Lupo é unha ferramenta educativa que desenvolve de modo cooperativo o pensamento lóxico e creativo". Consiste nun set de pezas básicas con formas e dimensións proporcionais que permiten formar moitas combinacións para que os nenos e nenas aprendan facendo e construindo.

Aquí vos deixamos con algunhas fotos:

 











No hay comentarios:

Publicar un comentario