viernes, 27 de abril de 2018

No corazón da cidade

Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron unha excursión a praza de Mª Pita.




Tiveron varios xogos arredor da temática da invasión inglesa e da defensa da cidade pola nosa heroína.

Para empezar tiñan que escoitar como chegaban os ingleses e descubrir onde estaban agachados.








No segundo xogo tiñan que visitar o interior do Concello, onde descubriron moita información valiosa.









 Noutro dos recunchos construían a muralla da cidade e as armas para defenderse.




Por último fixeron unha grande batalla que se saldou sen ningún ferido.





















Ao final, reuníronse xunto a Mª Pita para lembrar as suas fazañas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario