martes, 24 de abril de 2018

Unha visita por Méndez Núñez

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixemos unha visita aos xardíns de Méndez Núñez.

Ao chegar xuntáronnos a todos e explicaron a actividade.


Fixemos dous grupos para percorrer os distintos recunchos de xogo-aprendizaxe:

A estatua de Curros Enríquez, onde tivemos que localizar algúns obxetos e persoas que aparecían nunhas fotos.





O palco da música, onde tocamos instrumentos e xogamos a ser directores de orquestra.


























Outro recuncho onde fixemos un pequeno Memory, para atopar parellas de monumentos.

E por último, un xogo para coñecer os principais edificios de onte e hoxe que rodean os propios xardíns.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario