miércoles, 11 de abril de 2018

Unha visita canina!

O pasado martes recibimos no noso cole a visita dunha superheroína moi especial: a cadela Lala, que viña da escola canina "O meu can" acompañada da súa amestradora (a tía da nosa compañeira Uxía). Encantounos a explicación e a vestimenta de Lala, que incluso viña coa súa capa de superheroína!!



Puidemos coñecer e tocar algúns dos obxectos que emprega Lala no seu día a día... 



Incluso puidemos axudarlle a practicar algúns dos exercicios do seu adestramento diario!
















Moitas grazas por visitarnos! Pasámolo xenial!



No hay comentarios:

Publicar un comentario