viernes, 14 de febrero de 2020

A celebración do Día da Paz



Este ano fixemos varias cousiñas para celebrar o Día da Paz no noso cole. Queremos ensinarvos as imaxes das tres actividades principais que levamos a cabo.

1. Canción da Paz

Os nenos e nenas de infantil xuntámonos cos compañeiros de primeiro e segundo de primaria para cantar unha canción neste día.



2. Carreira Save the Children

Realizamos unha carreira, mais non a modo de competición; o que buscabamos era dar o maior número posible de voltas e, por cada unha delas, aportar algo de diñeiro que puidésemos doar a esta ONG. A participación dos nenos foi moi boa, e a implicación das familias tamén. Moitas grazas!!!




  



3. Mercadiño solidario

Tamén realizamos un mercadiño, xa habitual, no que cambiamos un kg de comida por outros libros que os demais compañeiros e compañeiras xa desfrutaron, e que pasan a unhas mans que aínda os teñen por descubrir. E, como a carreira, todo un éxito. Moitísimas grazas ás familias pola vosa implicación.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario