sábado, 8 de febrero de 2020

Sorpresa na clase de 5 anos

O outro día recibimos na clase de 5 anos unha cartiña e unha caixa que chegaba de parte do "Invernadoiro nonmesquezas". Lémola e imaxinamos o que podía haber dentro; chegamos á conclusión de que probablemente eran unhas flores.
Escribimos as que pensabamos que podían ser, tendo en conta os debuxos da bolsiña na que viña o regalo. Ao final, descubrimos que se trataba duns bulbos de tulipán... mais temos que plantalos e non sabemos como! O xeito de facelo, a época máis axeitada... a ver o que se nos ocorre para saír desta!

 

   

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario