miércoles, 19 de febrero de 2020

Saída de 5 anos ao Forum Metropolitano

Como xa indicamos nesta entrada, á clase de 5 anos chegou un bulbo de tulipán que tiñamos que plantar, e non sabiamos como facelo.

Por iso planificamos unha saída a una biblioteca, mais concretamente á Biblioteca do Forum Metropolitano, en Coruña.

Unha vez alí, as bibliotecarias lles mostraron aos nenos e nenas como se ordenan os libros nun lugar como este, clasificándoos por categorías que se indican a través de pictogramas.


Tras ensinarlles estas categorías, fixemos un xogo no que, por grupos, tiñan que indicar dentro de que categoría estaría un libro que tiñan que anallizar.






Por último, e xa para resolver a súa dúbida, ensináronlles un libro de plantas para indicarlles como tiñan que plantar o bulbo, e remataron narrándolles o conto dun rei que tiña certa relación cos tulipáns: El pequeño rey de las flores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario